Nesta materia preséntase a Paisaxe Cultural como unha realidade arquitectónica e xeográfica complexa, integrada por compoñentes naturais e culturais, tanxibles e intanxibles, cuxa combinación configura o seu carácter, e que debe abordarse desde diferentes perspectivas.
É importante analizar a problemática que se xera na protección e a conservación das paisaxes culturais, o abandono, a introdución de novos usos e as relacións entre turismo e patrimonio, xeografía e arquitectura. O alumnado debe coñecer os mecanismos de estudo e avaliación destes procesos e analizar as estratexias que permitan minimizar os impactos negativos e maximizar os efectos positivos, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da sociedade.
Ao mesmo tempo, o proxecto interdisciplinar constitúe a ferramenta de intervención sobre as paisaxes culturais a distintas escalas. É necesario coñecer as figuras de plan urbano e territorial e as súas implicacións respecto ao patrimonio, así como ter a capacidade de valorar críticamente as súas posibilidades de acción.
Por tanto, a materia posúe un dobre obxectivo principal: analizar reflexivamente os valores arquitectónicos e xeográficos da paisaxe e coñecer polo miudo as ferramentas que a ordenación territorial poida facilitar en relación a eses valores.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías