Nesta asignatura impartiranse métodos básicos de dúas disciplinas matemáticas moi demandadas nas aplicacións prácticas. Por unha banda, estudaremos probabilidade básica e métodos de estatística inferencial. Por outra banda, estudaremos métodos numéricos para a resolución práctica dalgúns dos problemas vistos nas materias de Matemáticas I e II. Nos dous casos, a resolución práctica dos problemas contemplarase tanto en libreta (a man) coma con software científico, proporcionando así ferramentas que poden ser útiles tanto na actual vida académica do alumno como na súa futura vida profesional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías