O obxectivo desta materia é realizar unha aproximación á problemática que hai nos territorios con poboación dispersa e no medio rural na prestación dos servizos vinculados á auga. Neles entra a debate a aplicación de sistemas baseados en redes ou a potenciación de solucións autónomas. Os aspectos vinculados a garantías sanitarias, os custos de investimento e explotación, os impactos ambientais, #etc, son factores a ter en conta na configuración de solucións.
Os alumnos analizarán e valorarán esta problemática para partir da análise da situación en municipios reais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías