O deseño e construción de sistemas computacionales capaces de adaptarse ao contorno e ao fluxo constante de nova información é unha liña que cada vez suscita máis interese dentro de todos os campos da enxeñería. En xeral, estes sistemas son de gran utilidade cando non se conta con experiencia ou o coñecemento necesario para xerar algoritmos. Doutra banda, tamén é de gran aplicación cando é necesario extraer información e analizar un conxunto, xeralmente grande, de datos. A aprendizaxe automática é unha das ramas da intelixencia artificial que permite programar estas tarefas utilizando unicamente os datos dispoñibles xa recolleitos. Neste curso estúdanse distintos enfoques dos problemas de aprendizaxe, as súas vantaxes e inconvenientes e os tipos de problemas aos que son aplicables.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías