Descrición xeral |
A formulación da materia baséase en adquirir e desenvolver as capacidades de análise xeoespacial mediante o coñecemento e uso de técnicas de representación de datos xeográficos, a través da Cartografía e os Sistemas de Información Xeográfica (SIG). Para iso profundarase no concepto dos datos xeoespaciais, e nos procesos para a súa adquisición, almacenamento, tratamento, análise, modelado e presentación da información xeográfica. Explicaranse os fundamentos dos SIG, os seus elementos principais, os modelos e estrutura dos datos, as funcións de análise espacial básicas e a representación dos resultados da súa aplicación práctica, especialmente sobre cuestións relacionadas coas infraestruturas territoriais.
Os coñecementos teóricos serán transmitidos mediante o desenvolvemento de clases participativas complementadas con espazos virtuais de información. A maior parte das clases terán un carácter eminentemente práctico, polo que se fomentará o traballo diario mediante a realización de exercicios, que nalgúns casos deberanse entregar ao final da sesión docente.
Para consolidar os contidos tratados na materia, proponse a asistencia a clase e desenvolver prácticas puntuables, que no caso de ser adecuadas conlevarán o aprobado da materia.
|