A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Educación Social. Impártese no último curso e é unha materia troncal de 4.5 créditos, 3 teóricos e 1.5 prácticos, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3.5 créditos que representan o redor de 87 horas de traballo do estudante.
Os descritores desta materia son os seguintes: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais.
Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito da educación social, con capacidade para analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e integralas nos diferentes ámbitos socioeducativos tanto para o seu desenvolvemento profesional así como un elemento favorecedor da inclusión da diversidade que caracteriza a sociedade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da sociedade da información e da aplicación dos medios na acción socioeducativa para a integración das TIC nos ámbitos de traballo dos educadores sociais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías