A Anatomía Humana estuda a organización estrutural do corpo humano en estado de saúde e durante o desenrolo, relacionando a forma coa función e valorando os cambios de dita estrutura como resposta a todos aqueles axentes que, en condicións de normalidade, actúan sobre ela.
A docencia de Anatomía Humana está encamiñada a que o futuro profesional sanitario adquira a terminoloxía anatómica e se inicie no emprego correcto da nomenclatura médico-biolóxica. Ten un enfoque aplicativo, de modo que sexa útil para outras materias do currículo do Grao en Terapia Ocupacional. Para isto, abórdase o estudo dunha anatomía funcional, descritiva, sistémica e topográfica, orientada a fomentar a capacidade de descrición e de orientación espacial.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías