Co estudo de Fundamentos de Enfermería preténdese introducir ao alumnado na Ciencia da Enfermería a través da súa evolución histórica, as distintas Teorías e Modelos de Enfermería, a metodoloxía enfermeira e os Coidados Básicos de Enfermería. A finalidade é que o alumnado sexa capaz de comprender a función principal e diferenciada da profesión enfermeira e integre os conceptos fundamentais e a metodoloxía de traballo enfermeiro no coidado do individuo e dos grupos, na investigación, na xestión e na docencia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías