Descrición xeral |
O debuxo de esbozo, como todos os debuxos técnicos, ha de cumprir con dous obxectivos fundamentais: A expresión e a comunicación de ideas, condicións indispensables para o correcto seguimento do que esta capacitado para lelo ou interpretalo. O alumno adquire os coñecementos necesarios para poder comunicarse con outros profesionais relacionados co proceso construtivo. É a ferramenta ou instrumento mediante o cal van expresar os coñecementos adquiridos no resto de disciplinas impartidas nesta titulación.
Doutra banda, a análise e o coñecemento dos diferentes sistemas de representación permitirán seleccionar o máis conveniente para resolver o problema do paso do tres dimensións do espazo ás dúas dimensións do papel, e viceversa, profundando no pragmatismo representativo do arquitecto técnico.
Ao ser unha materia eminentemente práctica, fundamentada na adquisición de habilidades e destrezas, é necesario que o alumno traballe de modo continuado ao longo do curso. Por iso, é recomendable a realización de todos os traballos propostos polo profesor.
|