A Zooarqueología é a disciplina que se ocupa do estudo dos restos faunísticos nos xacementos arqueolóxicos, xa sexan de animais domésticos ou de fauna silvestre, procedentes da caza ou a recolección. Pódense atopar como produtos de refugallo da alimentación dos humanos, ou mesmo concentrados en vertedoiros, concheiros, etc. Tamén poden atoparse noutros contextos, por exemplo, como ofrendas funerarias, adornos, industria ósea, etc. En calquera destes casos, os restos animais ofrecen unha importante información sobre o modo de vida e a economía das sociedades humanas, información que se pode obter desde diferentes aproximacións mediante a aplicación de distintas técnicas analíticas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías