Descrición xeral |
A materia estuda as formas superiores de goberno en Grecia e Roma, dende os pazos micénicos ata as monarquías xermánicas da Antigüidade tardía. Ao mesmo tempo que procura familiarizar ao alumno co manexo contrastado das fontes grecolatinas (textuais, arqueolóxicas e numismáticas), a materia constitúe unha iniciación á historia das institucións e á historia do poder na Antigüidade, estivese este artellado política ou apolíticamente, coas súas correspondentes nomoloxías, ideoloxías, iconografías e escenografías.
A materia persegue dous obxectivos nomeadamente: explicaren os sinais de identidade orixinarios da civilización europea, no proceso de politización grecorromano, e mellorar o espírito crítico do alumno fronte aos poderes constituídos no mundo contemporáneo, tanto nas democracias como nas autocracias e teocracias. |