Descrición xeral |
A formidable expansión, acontecida nos últimos anos, do uso de Internet en xeral, e das tecnoloxías web en particular, ven de revolucionar o xeito en que temos acceso á información que precisamos. A web simplificou enormemente o acceso a inxentes cantidades de dados desde calquera punto do planeta; mais complicou tamén a asimilación e selección da información que se necesita de entre toda a disponíbel.
O obxectivo fundamental desta asignatura é o de dotar aos estudiantes coa capacidade de deseñar recursos de información facendo uso das tecnoloxías web, cunha axeitada organización da información que permita a adecuación dos recursos ás necesidades dos usuarios.
Con esa fin, serán proporcionados aos estudiantes os fundamentos tecnolóxicos necesarios para coñecer as capacidades proporcionadas polas tecnoloxías web, e dotalos ao tempo dunha certa independencia no seu manexo. E serán analizadas arquitecturas, técnicas e recomendacións de deseño, organización e presentación de sitios web, facendo especial énfase no concepto de usabilidade. |