Descrición xeral |
Esta materia presenta unha descrición xeral do funcionamento das empresas e, en particular, das empresas de moda. Para iso, o curso comeza coa presentación dos obxectivos e funcións das empresas e do ámbito empresarial no que as empresas de moda desenvolven a súa actividade. Posteriormente, esta materia céntrase no funcionamento dos diferentes subsistemas (subsistema de administración ou xestión, operacións ou produción, comercial e financeiro) que forman parte das empresas.
Esta materia ten un carácter introdutorio e, xa que logo, diferentes materias nos cursos sucesivos ampliarán as cuestións relacionadas coa xestión empresarial que se abordarán ao longo deste curso. |