Neste curso, o estudante capacitarase para elaborar plans de negocio no sector da moda.
O taller será impartido por un profesional do sector da moda con amplia experiencia en xestión e dirección de empresas de moda, coa supervisión do coordinador docente da UDC.
Os estudantes traballarán en grupos, e terán que manexar algúns coñecementos sobre planificación estratéxica e financeira para analizar a contorna, establecer a misión, a visión e os valores, avaliar as habilidades e os recursos internos, así como para tomar decisións operativas e financeiras.
Trátase dun curso orientado á práctica que implementa unha metodoloxía de ensino dinámico baseada en talleres e estudo de casos. Os estudantes deberán elaborar un plan de negocio que inclúa a súa viabilidade e rendibilidade. Os resultados do traballo dos estudantes serán un informe escrito e unha presentación. Estes resultados darán lugar á cualificación final.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías