Descrición xeral |
No Obradoiro de Xestión de Tendencias de moda e Coleccións, o estudantado traballará nas fases iniciais da creación dunha colección de moda. A partir da busca e interpretación de tendencias, pasando pola creación de moodboards, cores, harmonías, conceptualización e deseño de pezas específicas, o alumnado traballará na identificación, busca e transformación de tendencias, conceptos e ideas para obter como produto final unha colección de prendas definidas e cohesionadas.
A orientación práctica do obradoiro significa unha metodoloxía didáctica dinámica baseada, en gran medida, no traballo en equipo, de xeito que cada grupo debe preparar unha colección cápsula (en formato de esquema e fichas técnicas) e facer unha presentación final onde se explicará o proceso, desde a orixe da colección (inspiración, tendencias) ata o propósito, detalle e características das pezas.
DOCENTE: MERITXELL VILALTA REDÓ. Licenciada en Deseño Téxtil pola ESDI, iniciou a súa carreira profesional na Cooperativa Textil Teixidors, S.C.C.L, traballando un tempo despois no Grupo Inditex (Zara), onde desenvolveu a maior parte da súa carreira. En Inditex, traballou como deseñadora para o departamento de mallas de Zara Man, na oficina de Compras de Shanghai (onde se encargou do abastecemento, xestión da calidade e seguimento da produción de Zara Man) e, de volta en Arteixo, asumiu o departamento de Calidade Transversal de Zara Man, rematando a súa etapa en Inditex no departamento de Sostibilidade Corporativa. Actualmente é formadora en varias escolas de deseño. |