O obxectivo da materia é achegarlle ao alumnado as destrezas e coñecementos básicos de gramática latina que lle permitan comprender a documentación escrita en latín presente en arquivos e bibliotecas, que constitúe unha parte fundamental do fondo antigo. A comprensión correcta deses documentos é importante para que poidan ser correctamente descritos e para comprender os elementos relevantes na elaboración de metadatos. Farase tamén unha pequena introducción ás características morfolóxicas dos formatos de libro que conforman o fondo antigo, ao léxico específico e aos recursos básicos que se empregan na descrición deses materiais (nomes de impresores e editores, topónimos, etc.).
A materia ten un enfoque basicamente práctico, salientando o traballo práctico con textos e documentos pertencentes ao fondo antigo de arquivos e bibliotecas, así como coas súas réplicas nos repositorios e bibliotecas dixitais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías