Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Diversidade e Xénero Código 710G05017
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Despois do período da Guerra Fría a partir de 1989 comézase a incorporar a crítica feminista ás estruturas de coñecemento subxacentes nas que se basearon os estudos de política internacional, coas que facer visibles os mecanismos e as relacións de dominación e subordinación entre homes e mulleres indispensable para comprender as dinámicas xeopolíticas. Os estudos de xénero e a visibilización das mulleres, converteuse nun asunto central para as políticas de Nacións Unidas que queda subliñado desde a axenda do milenio e máis aínda se cabe na axenda 2030, ao destacar que sen igualdade e sen o empoderamento das nenas e mulleres, que constitúen a metade da poboación mundial, non será posible a consecución de sociedades desenvolvidas, sostibles e pacíficas. A perspectiva de xénero representa por tanto o principal reto do estudo e da práctica da política internacional, un coñecemento indispensable para aquelas persoas que han de formarse como especialistas en relacións internacionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías