A materia Historia da Expansión Europea ofrece unha formación complementaria ao futuro graduado orientada a comprender o pasado das relacións entre Europa e o resto de territorios, pola incidencia dese pasado nas relacións internacionais actuais.
O obxectivo da materia é estudar a chegada e/ou contacto dos países europeos con outros territorios para comprender os efectos económicos, sociais e culturais que tivo en diferentes rexións do mundo. As diferentes características do asentamento de europeos noutros territorios tivo como consecuencia inmediata distintas reposta de resistencia ou adaptación por parte dos autóctonos. Amais, permite abordar a evolución interna deses países, así como o rol que os países europeos lles outorgaron dentro da política e a economía internacional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías