A asignatura de Enfermaría Clínica III pertence ó Grao en Enfermaría, desenrolándose no terceiro curso, con carácter anual. Ten asignados 9 créditos, o que supón 225 horas de carga lectiva para o alumno. Os principais temas ou núcleos de coñecemento abarcan alteracións neurolóxicas, cardiolóxicas, inmunolóxicas, hematolóxicas, dos sentidos (oftalmolóxicas, autitivas), da pel, e a atención a doentes en estado crítico, partindo dunha base anatómica e fisiolóxica. O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as principais alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptóndoos ó ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías