A materia de Podoloxía Preventiva ten unha clara importancia de cara a que o alumnado, no marco do proceso de ensino-aprendizaxe da súa formación, desenvolva algunhas das habilidades e destrezas necesarias para mellorar a saúde das persoas en xeral e no tocante ao pé en particular.
Xa que logo, o seu valor é moi significativo para os futuros podólogos, ao posibilitarlles comprender e actuar sobre o proceso de saúde-enfermidade en xeral e no ámbito particular do pé. Está enfocada á adopción das medidas preventivas axeitadas en cada situación, así como a realizar unha educación sanitaria preventiva nos pacientes, os sanitarios e as persoas.
Por iso, dentro dos denominados procesos de promoción e prevención da saúde, faise fincapé na visión holística da saúde do pé, habida conta do seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina no mantemento e mellora da calidade de vida.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías