A terapia farmacolóxica é o coidado clínico relacionado co uso de medicamentos, sós ou en combinación con outros tipos de terapia. Nesta materia centrarémonos no uso de fármacos no campo da podoloxía.
A Terapia Farmacolóxica é unha materia que se imparte no segundo cuadrimestre do terceiro curso do Grao de Podoloxía e os princiapales contidos son:
Farmacoloxía especifica de uso podológico: indicacións, contraindicaciones, efectos indeseados, interaccións, precaucións, principios activos e especialidades de: Fármacos antinfecciosos: antibióticos, antivíricos, antifúngicos e antiprotozoarios; Opiáceos; Analxésicos e antiinflamatorios; Anestésicos locais; Corticoides; Antidiabéticos; Anticoagulantes e antiagregantes plaquetarios. Tratamentos tópicos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías