Para poder cursar o Prácticum I será requisito indispensable cursar e superar 90 créditos de primeiro e segundo curso do Grao en Podoloxía entre os cales han de figurar os correspondentes ás materias de: Podoloxía Xeral, Biomecánica do membro inferior, Ortopodoloxía I, Ortopodoloxía II, Quiropodoloxía I, Quiropodoloxía II.
Non se matricule desta materia Prácticum 1, mentras non supere estes prerrequisitos, posto que non poderá cursala materia.
O Prácticum consiste en prácticas clínicas que se desenvolverán, principalmente, na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña co fin de desenvolver as competencias que permitan ao alumnado incorporar á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun profesional que guiará ao alumnado no proceso da aprendizaxe clínica. Tamén se desenvolverán outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos clínicos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes.
Os contidos que se desenvolverán no Prácticum I son: Método clínico en podoloxía. Historia clínica podológica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías