Para cursar a materia é obrigatorio superar: PRACTICUM I.
Non se matricule desta materia mentres non supere a materia de 3. er curso Prácticum I,
debido a que a súa matrícula nesta materia será anulada.
O Prácticum consiste en prácticas pre-profesionais que se desenvolverán principalmente na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña, podendo complementar esta formación con prácticas noutros centros sanitarios acreditados ou outras entidades. O obxectivo é que o alumnado adquira competencias fundamentais e valores profesionais necesarios para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun/unha profesional que guiará a aprendizaxe clínica. Tamén se poderán planificar e desenvolver actividades por parte do profesorado fóra da Clínica Universitaria de Podoloxía, así como outras actividades en forma de seminarios ou sesións clínicas, nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica, como o estudo e discusión de casos clínicos, a interpretación de probas complementarias ou a realización de informes.
Para cursar o Prácticum 2, o/a alumno/a deberá ter superado os créditos do Prácticum 1.
Nesta materia desenvolveranse e aplicaranse os seguintes contidos:
Método clínico en podoloxía.
Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
Técnicas de exploración física.
Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
Probas complementarias e racionalización do seu uso.
Diagnóstico e prognóstico.
Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
Planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
Protocolos: execución e avaliación.
Uso do instrumental, material e maquinaria para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
Prescrición, administración e aplicación de tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
Elaboración e interpretación de informes clínicos.
Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
Xestión clínica dos servizos de podoloxía.
Actualización de coñecementos, habilidades e actitudes.
Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
Utilización de elementos de documentación, estatística, informática e métodos xerais de análise epidemiolóxica.
Antes do inicio das prácticas clínicas, porase a disposición do alumnado no campus virtual un Anexo á Guía docente do Prácticum II no que se detallarán aspectos relacionados coa planificación, a metodoloxía e a avaliación da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías