Profesorado |
Deibe Díaz, Álvaro | Domínguez Feijóo, Gerardo | Fernández Galdo, Pablo | Méndez Salgueiro, José Ramón | Perez Rodriguez, Jose Antonio |
|
Correo electrónico |
alvaro.deibe@udc.es | g.dominguez@udc.es | pablo.galdo@udc.es | j.r.mendez@udc.es | jose.antonio.perez@udc.es |
|
Descrición xeral |
Como colofón ó proceso formativo, na asignatura Traballo Fin de Máster confluen duos aspectos determinantes, por un lado a formación en aspectos clave para a elaboración e execución dun Proxecto de Enxeñería en Deseño Industrial, a través dunha docencia regulada nas horas de clase presencial da asignatura e por outra parte, o desenvolvemento e a defensa dun Proxecto Final por parte del alumno, exercicio integrador ou de síntese da capacitación profesional e investigadora adquirida, baixo a dirección e tutela dun profesor experto en Proxectos de Enxeñería en Deseño Industrial.
Neste sentido, o obxectivo fundamental do Máster en Enxeñería en Deseño Industrial é a capacitación profesional e investigadora tanto xeral no ámbito del Deiseño Industrial, como na especialidade cursada: especialidade en Mobilidade, Transporte e Automoción; especialidade en Complementos de Moda, Xoiaría e Xemoloxía e especialidade en Mobiliario e Contract, respectivamente, a través dunha formación altamente específica, orientada ó deseño experimental, a formulación de hipóteses e a análise da súa viabilidade práctica, segundo o interese persoal e a especialidade elixida.
En base a estes principios, o alumno desenvolverá un Proxecto Fin de Máster, como exercicio integrador no que, como futuro egresado, consolide e demostre a capacidad para a creación, execución e dirección de proxectos estratéxicos e innovadores en Enxeñería en Deseño Industrial:
• Desenvolverá as súas aptitudes e capacidades para formular estratexias de empresa e analizar, comprender, proxectar e executar proxectos de Deseño Industrial, así como optimiza-los productos existentes mediante melloras e modificacións.
• Ampliará o coñecemento dos diferentes regulamentos, normativas e disposicións legais e a súa correcta aplicación nos proxectos.
• Desenvolverá a súa capacidade para dirixir proxectos de creación, modificación ou ampliación conceptual, así como proxectos complementarios sobre aspectos específicos de seguridade, homologación ou medio ambiente e a súa presentación ante as autoridades competentes.
• Afianzará o coñecemento dos procesos necesarios para el correcto desenvolvemento de proxectos de deseño e a comprensión e utilización dos novos sistemas de tratamento e edición de documentación técnica, posibilitando unha activa integración dos futuros profesionais en oficinas técnicas.
|