Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Economía Mundial e Española Código 611G02011
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lopez Rodriguez, Abel Francisco
Correo electrónico
francisc.lrodriguez@udc.es
Profesorado
Lopez Rodriguez, Abel Francisco
Mezo Balaca, Ines
Nuñez Gamallo, Ramon Jose
Correo electrónico
francisc.lrodriguez@udc.es
ines.mezob@udc.es
ramon.nunez.gamallo@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo da economía mundial debe basearse na localización dos elementos esenciais que definen e identifican a realidade socio-económico que vai ser estudada. A economía internacional é concibida como un sistema interdependente no que o principal dinamismo xorde do centro capitalista, aínda que os seus efectos se espallan velozmente, hoxe en día, a todos os países do mundo. Xa que logo, débese comezar identificando as características estruturais do capitalismo, definindo, primeiro, as relacións económicas internacionais para, de seguida, conceptualizar a evolución desas relacións. Unha vez dado ese paso e debido a que a realidade económica en estudo consta dunha chea de feitos, obxectos e relacións, é preciso un criterio previo de selección. Por tanto, a análise comeza coas economías capitalistas desenvolvidas, céntrase logo na periferia do sistema e, ao cabo, esténdese ao ámbito das relacións económicas internacionais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral será a través do Teams. - Presentación oral será a través do Teams. - Proba mixta: substituirase a proba escrita por traballos tutelados ou probas tipo test a través do Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen dos foros necesarios para o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións semanais necesarias (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. 4. Modificacións na avaliación - Non haberá modificacións. *Observacións de avaliación: - No caso de avaliar en estado de confinamento suprímese o requisito da cualificación mínima de 4 puntos 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non haberá modificacións a excepción da aparición de novas publicacións, preferentemente de acceso electrónico que se comunicarían oportunamente ao alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías