Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Administración Dixital e Intervención Pública Código 612539006
Titulación
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sanz Larruga, Francisco Javier
Correo electrónico
javier.sanz.larruga@udc.es
Profesorado
Mkrtichyan , Artak
Oanta Oanta, Gabriela Alexandra
Sanz Larruga, Francisco Javier
Correo electrónico
a.mkrtichyan@udc.es
gabriela.oanta@udc.es
javier.sanz.larruga@udc.es
Web
Descrición xeral Ofrécese o marco xurídico-administrativo da sociedade dixital poñendo de relevo as potestades das Administracións Públicas e a protección dos dereitos dixitais dos cidadáns. Tamén se presenta unha panorámica xurídica dos sectores de intervención administrativa (seguridade pública, servizos públicos, actividades económicas, etc.) dado que, en virtude da protección e defensa dos intereses públicos, as Administracións interveñen en diversas actividades socioeconómicas.
Plan de continxencia 11. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións nos contidos en caso de suspensión da actividade presencial 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A docencia pasará a ser telemática (síncrona ou non) na súa totalidade, mediante o uso da plataforma Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías docentes reforzaranse coas seguintes actuacións, de acordo co criterio de cada un dos profesores responsables de grupo: - Realización de presentacións de Powerpoint con apuntes y notas de apoio para facilitar a súa compresnión e suplir as carencias de manuais de apoio. - Realización de titorías grupais non presenciais para solventar dúbidas sobre as diferentes materias. - Elaboración de vídeos de apoio para facilitar a comprensión do tema e facilitar a identificación das cuestións máis relevantes. - Atención personalizada reforzada a través dos diferentes mecanismos técnicos que ofrece o paquete OFFICE 365 (fundamentalmente chat de TEAMS). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Reforzarase o uso dos medios de atención personalizada non presencial xa previstos na Guía Docente. Durante os horarios de titorización, ou cando así se sinale polo profesorado, os estudantes terán a posibilidade de programar titorías personalizadas mediante a plataforma Teams. 4. Modificacións na avaliación Con carácter xeral, manterase a estrutura da avaliación tanto en primeira como en segunda oportunidade. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías