Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa Código 613505116
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Profesorado
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Web http://www.imaes.eu
Descrición xeral Investigación avanzada do estudio dos movimientos literarios e culturais nos países de fala inglesa. Mediante a exploración ducha variada gama de textos literarios e artístico-culturais representativos de variados ámbitos geográficos e históricos, ofrécese ao alumnado a posibilidade de examinar cuestions relativas á periodización peral das literaturas anglófonas (p. ex. Renacimiento, Romanticismo, Realismo e Naturalismo, Modernismo, Postmodernismo) así como as tendencias ideolóxicas e culturas dominantes en cada época e ámbito, que amparan e propician tal creación literaria (p. ex. narrativa social na Gran Depresión; existencialismo e teatro do absurdo na posguerra; reescritura histórica/identitaria na etapa poscolonial, autorreflexividade e sátira sociocultural na era postmoderna, etc…).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen • Mantéñense o debate virtual e máis o traballo tutelado. Nun escenario de docencia non presencial, a exposición oral do traballo poderá ser substituída por exposicións gravadas (vid. Infra). Metodoloxías docentes que se modifican • Nun escenario de docencia non presencial, os seminarios e a análise de fontes documentais levaranse a cabo por medio de foros interactivos de Moodle, así como por pequenas tarefas/assignments de Moodle. • As clases expositivas ou “leccións maxistrais” serán substituídas por (ou complementadas con) recursos textuais (documentos PDF) e audiovisuais (presentacións gravadas); • Presentación oral do traballo tutelado: a exposición oral do traballo poderá ser substituída por exposicións gravadas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización • Moodle (foros de dúbidas) • E-mail (consultas individuais) Semanalmente (a petición do alumnado) Semanalmente (a petición do alumnado) 4. Modificacións na avaliación O peso na cualificación de cada un dos apartados non sufrirá cambios, pero si se adaptarán as metodoloxías: • As actividades de evaluación continua (40%) levaranse a cabo por medio de foros interactivos de Moodle (discussion forums) e/ou pequenas tarefas/assignments de Moodle. • O ensaio final (60%) se mantén, pero a exposición oral poderá ser substituída por exposicións gravadas. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: • MODIFICACIÓN NA AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo. Nun escenario “non presencial” os exercicios de análise e outras actividades de clase (40%) serán substituídas por probas realizadas via Moodle na data oficial do exame (en caso de problemas constatados de conectividade, esta proba podería levarse a cabo oralmente, mediante chamada telefónica); o ensaio final (60%) se manterá, pero a exposición oral poderá ser substituída por exposicións gravadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Facilitación de recursos electrónicos. As fontes primarias obrigatorias de extensión reducida estarán dispoñibles en Moodle. En canto ás fontes secundarias, engadiranse máis recursos electrónicos (p. ex. extractos en PDF, recursos propios da docente) ou en liña (p.ex. ligazóns a recursos bibliográficos da Biblioteca da UDC).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías