Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Deseño de Niveis e Xogabilidade Código 616G02037
Titulación
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
antonio.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
antonio.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é que os alumnos aprendan os conceptos básicos de deseño dun xogo, así como a crear unha experiencia lúdica para un videoxogo. Os alumnos aprenderán a deseñar a xogabilidade combinando distintas mecánicas e regras de xogo e integrándoas nos espazos ou niveis de xogo. Tamén coñecerán distintas técnicas para manter a motivación e interese do xogador.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican Só modificarase o carácter presencial das probas orais que se realicen ao longo da materia, que se realizarán de forma virtual a través de videoconferencia en Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A resolución de dúbidas e consultas dos alumnos realizarase mediante correo electrónico para consultas que requiran unha comunicación menos interactiva e mediante Teams para titorías e unha comunicación máis interactiva cos alumnos. 4. Modificacións na avaliación Non se realizan modificacións nas metodoloxías nin nas porcentaxes de avaliación por metodoloxía. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios, xa que se dispón de material de traballo no Campus Virtual así como recursos dixitais suficientes.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías