Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xogos e recreación deportiva Código 620G01005
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Palacios Aguilar, Jose
Correo electrónico
jose.palacios@udc.es
Profesorado
Cardesin Villaverde, Jose Manuel
Hornillos Baz, Isidoro
Romero Nieves, Jose Luis
Correo electrónico
jose.manuel.cardesin@udc.es
isidoro.baz@udc.es
j.l.romero@udc.es
Web
Descrición xeral O xogo é unha das manifestacións da motricidade humana máis importantes, ao longo da evolución do ser humano como especie e no seu proceso de desenvolvemento como individuo. As persoas, en boa medida, evolucionan física, intelectual e afectivamente en función das súas relacións e as súas experiencias con todos os xogos que realizan ao longo das súas vidas. A materia de "Xogos e recreación deportiva" ten como obxectivo prioritario proporcionar aos alumnos o coñecemento sobre as bases teóricas e a vivencia de experiencias prácticas do xogo en xeral, do xogo en relación co deporte e a recreación, e do xogo en relación coa identidade cultural a través dos xogos tradicionais. As competencias que se adquiren dotan o alumno de recursos para a educación, porque o xogo representa un dos seus principais contidos e procedementos, contribuíndo a que esta sexa entendida como un regalo e non como unha amarga obriga: "Non pode haber educación sen xogo, nin xogo sen educación" (Imeroni, 1986). Así mesmo, pola súa presenza permanente e o seu valor, tamén é un recurso para a recreación en todas as idades e ámbitos da actuación profesional. Debido ao enfoque vivencial e experimental que caracteriza a esta materia, os seus contidos estrutúranse en dous bloques diferentes que se imparten de forma paralela: - O primeiro deles é o que engloba os contidos teóricos da materia, coa intención de achegar unha ampla visión do fenómeno do xogo. - O segundo é o que desenvolve os contidos das sesións prácticas, cunha orientación flexible; é dicir, admitindo todas as achegas de interese que aparezan no transcurso das sesións, xa sexa procedentes dos alumnos, do profesor ou xurdidas da propia dinámica do grupo ou do xogo. Esta materia encóntrase situada no primeiro curso e os seus contidos relaciónanse con outras bases do comportamento humano, coas habilidades e destrezas na iniciación deportiva e coa expresión corporal e a danza. "Xogos e recreación deportiva" é unha materia obrigatoria, cun grande atractivo para os alumnos, que inmediatamente poden comprender a súa utilidade e posibilidades de aplicación directa a situacións reais, educativas, deportivas e recreativas. Consideración que permite supoñer no alumnado un alto grao de motivación, que facilitará o estudo e o traballo práctico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías