Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA Código 651G01029
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Paseiro Ares, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.paseiro@udc.es
Profesorado
Paseiro Ares, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.paseiro@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia pretender dotar ao/ á fisioterapeuta dos coñecementos ético-legais que garantan a prestación da súa asistencia desde o respecto dos dereitos dos usuarios e sociedade en xeral. Así mesmo, posibilítase o coñecemento máis profundo da contorna sanitaria e dos deberes e dereitos como profesional sanitario. Por outra banda, preténdese dotar de ferramentas básicas de xestión para a consecución dunha atención fisioterápica de calidade en calquera ámbito asistencial, xa sexa pertencente ao sistema público ou ao exercicio libre. Por último, a materia proporciona o coñecemento básico da lexislación educativa xeral e específica para o desenvolvemento da función docente do fisioterapeuta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non existen modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías, modificando a formato online as que estéan planificadas como presenciais. Deste xeito teremos as sesións maxistrais interactivas, prácticas de laboratorio, traballos tutelados e proba obxectivo. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. Segumiento dos traballos tutelados e axenda de tutorías Moodle: Diariamente. Elaboración dos traballos en cada unha das tareas, seguimento dos foros xeral e temáticos. Teams: Tutorías grupais. Un día a semana para discutir o tema subido no moodle. Tutorías individuáis. Periodicidade indeterminada. En función das tutorías solicitadas. 4. Modificacións na avaliación Unha vez adaptada a asignatura, non existen modificacións neste senso *Observacións de avaliación: Non se modifica 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías