Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da expresión corporal Código 652G01020
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://campusvirtual.es/moodle/
Descrición xeral A presenza da motricidade no currículo oficial entre os 0 a 6 anos é relevante. Pero o seu interese pódese comprobar mellor observando como a infancia emprega xogo e movemento de forma espontánea para coñecer o mundo que lle rodea e adaptarse a el. O xogo e a motricidade van ser os principais vehículos a través dos cales os nenos e nenas en idade infantil adaptaranse ao mundo que os rodea. Con eles van experimentar, coñecer, observar, reter, aprender, a educarse. Por iso é polo que estes contidos -xogo e movemento-, van ser os eixos principais da materia. Aínda que a infancia vai experimentar a motricidade de forma global, o estudiantado da materia analizará a través de diversas temáticas e tendo como referencia o currículo desta etapa, os compoñentes principais da motricidade nestas idades: as capacidades perceptivo-motoras, as habilidades motrices, as capacidades expresivas e o xogo como contido articulador de todos os demais. A parte de coñecer estes aspectos teóricos e o seu desenvolvemento, os estudantes aplicaranos en propostas de carácter práctico. Outro aspecto de interese que se verá na materia é a importancia do asentamento de hábitos saudables nestas idades. Nos últimos tempos o índice de obesidade infantil viuse incrementado de forma considerable e faise necesaria unha formación de base para que nas Escolas Infantís se colabore para frear o seu acelerado crecemento. Os coñecementos achegados pola materia de Didáctica da Expresión Corporal pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións motrices dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado Educación Infantil non só de coñecementos e vivencias, senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías