Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Pedagoxía social Código 652G03006
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
dolores.candedo@udc.es
Web
Descrición xeral Materia de formación básica que pretende desenvolver competencias asociadas ao coñecemento dos distintos ámbitos de profesionalización da educación social e a comprensión das distintas dimensións relacionadas coa intervención pedagóxico-social. Pretende achegar elementos de análise sobre o sentido da intervención pedagóxico-social, á luz dos valores e dos paradigmas científicos desde os que pode comprenderse a acción socioeducativa, poñendo en valor o propio contexto que condiciona a intervención. A súa metodoloxía esencialmente dialóxica pretende achegar contidos e procedementos que permitan desenvolver activamente a reflexión, o debate e o cuestionamento crítico dos temas obxecto de estudo, e colaborar no desenvolvemento de actitudes favorables ó cambio social e educativo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral: Cólgase no Moodle un vídeo-explicativo no que se narra a presentación de power point. Durante o horario de expositivas a profesora estará conectada para resolver as dúbidas que poidan xurdir. - Actividades iniciais e de acompañamento da materia: Pasan a computar na avaliación. Incorpóranse actividades complementarias á sesión expositiva de carácter individual (foro, proba, etc.) a través do Moodle, dirixidas a garantir o seguimento da materia, valorar a comprensión dos contidos abordados ou promover a reflexión e debate sobre os mesmos. - Aprendizaxe colaborativa: Nas interactivas, mantense a dinámica de traballo por grupos de aprendizaxe colaborativa, a través do chat de Teams habilitado pola profesora para cada grupo. Participar nesta metodoloxía de traballo implica conectarse a través do Teams no horario de interactivas. - Discusión dirixida - Lecturas - Proba de ensaio (computa na avaliación) - Portafolios (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Simulación (cancélase por esixir presencialidade) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: Permanentemente actualizado. Cámbiase a estrutura por temas por unha estrutura por semanas, para facilitar ao alumnado a comprensión das tarefas asociadas a cada semana. Cólgase cada semana o vídeo referido á sesión expositiva. É necesaria a súa consulta, dado que é a ferramenta que ofrece con claridade a visualización dos contidos abordados e tarefas asociadas. Teams: Convértese no nova aula. As sesións interactivas danse a través dos “Equipos” creados para cada un dos grupos de interactivas. Semanalmente, no horario de interactivas, faise unha chamada grupal dirixida a clarificar dúbidas sobre o “vídeo-presentación” desa semana e a explicar a dinámica de traballo da interactiva. Créanse “Grupos de Chat” para cada un dos grupos de aprendizaxe colaborativa (GAC). Semanalmente, no horario de interactivas, son o espazo de traballo dos GAC, dende o que desenvolven as tarefas en grupo, a través de documentos colaborativos y chamadas grupais. Durante o horario das interactivas, a docente fai o seguimento dos documentos colaborativos e, con elo, do traballo que vai realizando cada grupo. Emprégase o Chat individual co alumnado, segundo o soliciten, para facer titorías individuais.. Correo electrónico: Diariamente. Como vía de comunicación co alumnado, especialmente na na clarificación de dúbidas que poidan xurdir. 4. Modificacións na avaliación Portafolio (50%). Mantéñense as condicións da súa elaboración. Proba de ensaio (35%). Mantéñense as condicións da súa elaboración pero de forma non presencial. A proba realízase na data do exame, contando con todo o día para a súa realización. A proba estará habilitada no Moodle dende as 9:00 ás 23:55. De 9:00 a 10:00 e no horario do exame (de 16:00 a 19:00) a profesora estará dispoñible para consultas que precisen facer. O propio día do exame colgaranse dous textos. Deben seleccionar un deles para facer o comentario, que terá unha extensión máxima de 1500 palabras. Actividades individuais (15%). Dirixidas á reflexividade en torno a realidades sociais ou formas de intervención, situándo ao alumnado en relación aos contidos abordados na materia. Estas actividades vanse subindo ao Moodle, acompañando o desenvolvemento da materia e deben ser entregadas nos tempos establecidos para cada unha delas. *Observacións de avaliación: O metodoloxía de avaliación non se ve especialmente afectada polas modificacións derivadas do COVID-19: - A metodoloxía de “Portafolio” non ten cambios - A “Proba de ensaio” mantense sen demasiado cambio, xa que era unha proba presencial pero con material e a diferencia coa modalidade actual é que agora faise a distancia, contando con todo o día para realizala, para evitar problemas de conexión ou dificultades persoais concretas. - As “Actividades individuais” son unha metodoloxía de avaliación incorporada a maiores, pero que non supón incremento respecto ao traballo que se viña realizando. Son actividades moi sinxelas que só buscan a reflexividade sobre os contidos teóricos. Preguntas que se terían incorporado nas sesións expositivas de ser presenciais. Para aprobar a materia será preciso que cando menos o portafolio e o comentario de texto estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso. Para o alumnado con modalidade non presencial mantéñense as condicións anteriores: Portafolio (60%) e proba de ensaio (40%). Deberá ter unha titoría coa docente para acordar as condicións de elaboración de portafolio de forma individual. No caso de alumnado con necesidades específicas, acórdase coa persoa e coa ADI a metodoloxía docente e de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías