Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) CIENCIA DOS MATERIAIS Código 730G03007
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Garcia Diez, Ana Isabel
Correo electrónico
ana.gdiez@udc.es
Profesorado
Barbadillo Jove, Fernando
Camba Fabal, Carolina
Garcia Diez, Ana Isabel
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
fernando.barbadillo@udc.es
carolina.camba@udc.es
ana.gdiez@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos da ciencia dos materiais. Estrutura cristalina, propiedades mecánicas, transformacións de fases e diagramas de equilibrio; materiais e os seus tratamentos : aliaxes férreas, aliaxes non férreas, cerámicos, polímeros e materiais compostos; outras propiedades dos materiais : propiedades eléctricas e magnéticas, propiedades térmicas e ópticas e resistencia ao desgaste e á corrosión ; selección de materiais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modifican os contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter a virtual, excepto as que se comentan no apartado seguinte *Metodoloxías docentes que se modifican A realización das prácticas de laboratorio faranse preferentemente de xeito presencial no laboratorio, modificando, se ser preciso, a planificación das mesmas para adaptala ós períodos de presencialidade nas aulas. No caso de non ser posible completalas deste xeito, substituiranse por outras actividades ou, de non ser posible, cancelaranse. A proba mixta, de ter que ser online, deixará de ter dous partes (problemas e teoría), e constará dunha única parte que combinará preguntas de teoría curtas, e breves exercicios numéricos. A avaliación de prácticas e a defensa do traballo monográfico manteranse, pero de ser necesario realizarase en formato online. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Atenderase ó alumnado a través das vías institucionais, moodle, teams, correo electrónico e atención telefónica. Manteranse os horarios establecidos para as titorías e atenderase, por calquera das canles mencionadas, previa petición individual ou grupal do estudantado fora dese horario. 4. Modificacións na avaliación No caso de que a proba mixta teña carácter online, non será necesario obter unha cualificación mínima entre a parte de teoría e de problemas, posto que a proba se unifica e terá unha única parte. No caso de non poder realizar/substituír ningunha sesión de prácticas de laboratorio, a cualificación asignada a esta actividade incrementará á correspondente aos traballos tutelados, pasando dun 15 a un 30 % da cualificación final. *Observacións de avaliación: As sesións prácticas en laboratorio que se manteñan serán de obrigada asistencia, e imprescindibles para poder aprobar a materia. A presentación e defensa do traballo monográfico será obrigatorio para poder superar a materia, independentemente que sexa online ou non. A non presentación de traballo e/ou non completar as prácticas de laboratorio obrigatorias que se manteñan implicará unha cualificación final de Non Presentado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías