Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Hidrodinámica naval Código 730G05023
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Fariñas Alvariño, Pablo
Correo electrónico
pablo.farinas@udc.es
Profesorado
Fariñas Alvariño, Pablo
Munín Doce, Alicia
Correo electrónico
pablo.farinas@udc.es
a.munin@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo de esta materia é acadar que os alumnos entendan e coñecan todo o relativo á hidrodinámica naval nas súas dous caras máis coñecidas, a resistencia ao avance e máis a propulsión, así como o modo de facer os cálculos das devanditas partes da hidrodinámica naval.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteñense todas as metodoloxías. Todas elas desenvolveranse nun entorno non presencial ante unha eventual necesidade. *Metodoloxías docentes que se modifican Manteñense todas as metodoloxías. Todas elas desenvolveranse nun entorno non presencial ante unha eventual necesidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo eletrónico: Dispoñible continuamente a demanda dos alumnos. A atención realizarase nos horarios marcados para as titorías regladas. Moodle: Dispoñible continuamente a demanda dos alumnos. A atención realizarase nos horarios marcados para as titorías regladas. Teams: Dispoñible continuamente a demanda dos alumnos. A atención realizarase nos horarios marcados para as titorías regladas. 4. Modificacións na avaliación Realizarase unha proba síncrona de exame individual manuscrito. O exame desenvolverase en base á plataforma Moodle mediante un banco de preguntas teóricas a entregar tras un tempo curto taxado, así como de problemas manuscritos para subir a Moodle tras un tempo taxado. Observacións de avaliación: Antes do comezo do exame identificarase os alumnos (30 minutos) e o exame desenvolverase mediante o procedemento descrito a continuación. 4.1. Tratarase de garantir, na medida do posible, tanto a identidade de cada alumno, como que non existan interaccións con terceiras persoas. Para iso utilizaranse os seguintes procedementos: 4.1.1. Os alumnos deberán comprometerse por escrito a que son eles os autores do exame. Para iso todalas carillas manuscritas a utilizar durante o exame deberán incorporar a seguinte frase manuscrita: “Feito por Nome Apelido1 Apelido 2; DNI; Firma”. 4.1.2. Non será necesario tomar coidado respecto á utilización por parte dos alumnos de bibliografía ou recursos adicionais como computadoras ou calculadoras programables. O exame estará deseñado de forma que se permita utilizar todo o material que os alumnos estimen necesario e/ou lles resulte conveniente para superar o exame. 4.1.3. A sesión iniciarase a través de Teams cinco minutos antes do comezo do exame. 4.2. O control mediante Teams poderase complementar mediante a gravación completa ou parcial do exame no caso de que se considere necesario. A sesión de Teams comezará cinco (5) minutos antes de comezar a pasar lista. O exame finalizará tras a entrega do último problema do exame. Tras isto pasarase lista novamente aos presentados, que deberán mostrar as súas entregas a cámara. Adicionalmente, os alumnos deixarán constancia por escrito no chat de que se presentaron enviando as palabras “Asisto ao exame”. Todos os alumnos que se vaian a presentar a calquera das partes do exame deben presentarse en Teams á identificación previa ao comezo do exame e escribir “Asisto ao exame”. Adicionalmente cada alumno asistente ao exame deberá pronunciar o seu nome coa cámara acesa e enfocada á cara e mostrando o seu DNI. 4.3. A estrutura do exame será a habitual na materia. Preguntas de teoría de resistencia, problemas de resistencia, preguntas de teoría de propulsión e problemas de propulsión. Por tanto, o exame dividirase nas catro partes habituais. A duración total dedicada á realización dos entregables no exame non superará catro (4) horas. O tempo dedicado a pasar lista ao comezo e fin do exame non formará parte das catro (4) horas do exame xa que corresponde a actividades non avaliables. Está previsto dedicar 30 minutos a pasar lista antes do inicio do exame e outros 30 minutos tras o fin do exame. 4.4. Considérase conveniente salientar que o exame se desenvolverá de forma progresiva e secuencial conforme ao seguinte esquema: 4.4.1. Tempo individual asignado a cada unha das preguntas de teoría de resistencia. Subida da resposta. 4.4.2. Tempo individual asignado a cada unha das preguntas de problemas de resistencia. Subida da resposta. 4.4.3. Tempo individual asignado a cada unha das preguntas de teoría de propulsión. Subida da resposta. 4.4.4. Tempo individual asignado a cada unha das preguntas de problemas de propulsión. Subida da resposta. 4.4.5. Cada unha das preguntas se escaneará e subirase de forma individualizada á plataforma Moodle. Neste sentido sinálase que é necesario reservar o tempo necesario para o escaneado e subida das respostas que deberán, obrigatoriamente, ser manuscritas. 4.5. O esquema de vixiancia durante o exame basearase en: 4.5.1. Usar unha videoconferencia por Teams durante toda a proba. Eventualmente, e co único obxecto de dispoñer do material documental referido ante eventuais reclamacións, poderanse gravar os tramos do exame en Teams que se estime necesario. Se se estima conveniente poderá chegarse, mesmo, a gravar íntegramente o exame en Teams. 4.5.2. Ao comezo pasarase lista. A iso dedicaranse 30 minutos previos ao comezo do exame. 4.5.3. Tras a finalización do exame pasarase lista e todos os alumnos presentados deberán presentar á cámara as follas de papel coas respostas manuscritas previamente, escaneadas e xa subidas á plataforma Moodle ao longo do exame. O exame manuscrito, asinado, deberá mostrarse a cámara para poder cotexalo co entregado. Adicionalmente, cada alumno gardará e custodiará unha copia en papel das respostas do seu exame. 4.5.4. Poderase fixar (ancorar) a cámara do estudante que se desexe mediante a opción “ancorar” dispoñible na lista de asistentes de Microsoft Teams. Así mesmo, tamén se poderá activar o micrófono dos estudantes que se desexe. Por tanto, tanto a cámara como o micrófono dos dispositivos electrónicos dos alumnos deberán estar operativos ao longo do exame. 4.6. Na medida do posible procurarase que as preguntas do exame sexan diferentes para cada alumno. A intención é minimizar que un alumno responda a mesma pregunta que outro ao mesmo tempo. A idea é que a interacción interpersoal careza de interese para superar a proba. Neste sentido tratarase de que todos os exames teñan unha dificultade análoga, aínda que non se compoñan das mesmas preguntas. As preguntas a cada alumno serán diferentes e cada alumno subiraas ás “tarefas de Moodle” dispostas para o efecto. Ditas tarefas non establecen outra relación co exame de cada alumno que a xanela temporal habilitada. Por tanto, todalas respostas manuscritas deben comezar reproducindo as dúas primeiras frases do enunciado da pregunta. A cualificación da materia obterase conforme ao estipulado no desenvolvemento ordinario da guía docente. Por tanto, o exame non presencial será tratado de forma análoga ao exame presencial inicialmente previsto. Así mesmo, os traballos tutelados e/ou os problemas propostos deberán ser presentados e/ou entregados en forma e prazo establecidos. Calquera alumno que prevea algún problema, tanto técnico como da súa propia dispoñibilidade persoal, para que a proba síncrona se desenvolva nos termos previstos deberá poñerse en contacto con: (i) os profesores da materia ou (ii) coa dirección da Escola Politécnica Superior de Ferrol. Na avaliación desta materia non haberá diferenzas entre o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) e/ ou alumnado con dedicación completa. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se contemplan por innecesarias.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías