Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A6 A13 B5 B9 C1 valorarase o grao de comprensión do tema e a súa exposición resumida no tempo indicado. Asemade, valorarase o resumo gráfico e a participación activa na discusión doutras exposicions. 30
Proba mixta A6 Consistirá en preguntas de resposta curta e de resposta múltiple, de ordenación, de completar ou de asociación sobre os contidos dos temas tratados nas sesions maxistrais, discusions dirixidas e seminarios. 70
 
Observacións avaliación

Os alumnos semipresenciais substituirán a participación actividade de análise de
fontes documentais pola elaboración dun único artigo de
revisión escrito dalgún tema relacionado co temario acordado
co docente, e mantendo o seu valor  na avaliación na primeira convocatoria (30%).

Excepcionalmente,
no caso de que o / a estudante, por razóns xustificadas (estudantes con adicación parcial ou circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á
diversidade) non poda realizar todas as probas de avaliación
continua, o docente adoptará as medidas considere adecuadas para evitar perxuizos a súa clasificación por estes motivos.

No caso da segunda oportunidade do ano en curso (xullo) realizarase unha proba
mixta coa consideración de 100% para a nota final,
tanto no caso dos / as alumnos / as presenciáis como semipresenciáis.

Os alumnos/as semipresenciáis farán na data establecida o seu exame on line (via moodle e MS Teams).

As Matrículas de Honra serán concedidan preferentemente entre os alumnos/as que se presenten na primeira oportunidade de cada convocatoria.