Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 C9 C10 C11 Terase en conta a asistencia e participación activa do alumnado 10
Sesión maxistral A1 A22 B1 B5 C2 C9 C10 C11 Avaliarase a asistencia as sesións maxistrais, a participación activa nas mesmas. 20
Prácticas de laboratorio A3 A9 B2 B6 B7 C3 C6 C9 C11 Avaliarase a destreza na realización das actividades experimentais e a calidade do informe entregado. 20
Proba mixta A22 B2 B5 C4 Realizase o finalizar a asignatura, para poder evaluar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumno. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas, e relacionadas con artigos científicos. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a
asignatura plantéxanse dous requisitos básicos:



-Asistencia regular a todas as actividades evaluables e alcanzar unha
calificación final de 5 puntos e a lo menos un mínimo de 4 puntos en cada unha
das actividades evaluables. No caso de non acadar dita puntuación mínima
nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a
asignatura figurará como suspensa (4.5).

De non haber ningún
evento científico e/ou divulgativo programado no período docente a porcentaxe
de avaliación correspondente será asignada á proba mixta.



O alumno terá a calificación de Non Presentado cando realice menos dun 25% das
actividades académicas programadas, e non realice a proba mixta.  

As cualificacións da asistencia as sesión maxistrais,
das prácticas de laboratorio e dos eventos científicos e/ou divulgativos (se os
houbese) manteranse na segunda oportunidade. Mentres que a cualificación da
proba mixta da segunda oportunidad substituirá a obtida na proba mixta da primeira.
Os alumnos avaliados na segunda oportunidad só poderán optar a matrícula de
honra si o número máximo déstas para o correspondiente curso non se cubriu na
sua totalidade na primeira oportunidade.

Para  os  estudantes  con  dedicación  a
 tempo  parcial  e dispensa académica de exención de asistencia,
no caso de que o estudante non puidera realizar todas as probas de avaliación
continua, o profesor adoptará as medidas oportunas para non prexudicar a súa
cualificación.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico completo e, por tanto, volverá
comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e
procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación será penalizada tendo en conta o establecido na
normativa.