Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, bases teóricas.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo, individual ou en grupo reducido, sobre algún tema relacionado co contido do programa que será exposto na aula.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas no laboratorio nas que se estudarán sistemas de tratamento experimentais.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.