Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo do alumno en grupos reducidos e controis

20
Prácticas de laboratorio A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 Participación e Exame.

15
Proba mixta A8 A10 A26 B2 B3 B7 B13 Avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos tanto nas sesions maxistraiss como en clases de problemas.


65
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia. A asistencia poderá convalidarse, previa solicitude, pola xa realizada no curso inmediatamente anterior. Se non se realizan prácticas o alumno terá que superar un exame que demostre a súa capacitación práctica. Ademáis da asistencia a prácticas, para a súa cualificación valóranse as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas independente da proba mixta.


A asistencia é participación nos grupos reducidos (resolución de problemas) valóranse mediante o seu traballo nos grupos, elaboración de esquemas e controis.

Para poder aprobar a materia é necesario ter polo menos un 35% da puntuación do exame global (proba mixta). A partir deste valor suman as puntuacións do resto das actividades. Por baixo deste valor a cualificación máxima tras sumar as puntuacións das actividades só poderá ser de 4. Para obter un Non Presentado os alumnos nos poden participar en máis dun 10% das actividades avaliables. 

De face á cualificación de Xullo poderanse conservar as notas das partes aprobadas en xaneiro e presentarse só ás partes pendentes. Alternativamente, en xullo pódese recuperar o 100% da nota da materia cos exames de prácticas (15%) e proba mixta (85%).

Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de Xaneiro e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.