Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica os contidos fundamentais de cada tema do programa.
Seminario Resólvense cuestións e problemas e/ou sométense a discusión aspectos da materia.
Prácticas de laboratorio O alumno leva a cabo experiencias de laboratorio seguindo un guión, baixo a supervisión do profesor.
Traballos tutelados Resolución dun suposto práctico relacionado con Bioinformática máis tres cuestionarios con exercicios e preguntas relacionadas con algún aspecto da materia. Ambas actividades realizaranse en grupo. O suposto práctico debe entregarse por escrito.
Proba mixta Preguntas tipo ensaio, de resposta múltiple, de resposta breve e de asociación e tamén resolución de problemas.