Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse varias actividades, individuais ou en grupo. Poden implicar o uso das TIC e, de requirirse entregables, o seu envío será en formato dixital. Valorarase a participación activa e o aproveitamento, e suporán en conxunto o 12% da cualificación final. 12
Proba de resposta múltiple A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse varias probas. Non terán carácter liberatorio e suporán en conxunto o 24% da cualificación final. 24
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia que supón o 64% da cualificación final. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte da cualificación correspondente ao resto das actividades de avaliación. 64
 
Observacións avaliación

O alumnado debe acreditar a súa personalidade, dacordo á normativa vixente, en todas as actividades de avaliación.

Os criterios de avaliación expostos aplícanse a todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), e son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Na oportunidade adiantada, e só neste caso, haberá unha proba mixta para avaliar todas as competencias e contidos da materia, coa que se poderá obter o 100% da cualificación. 

Na avaliación continua da materia, será requisito indispensable para ser avaliado a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais e actividades organizadas polo profesorado da materia e a coordinación do Mestrado.

A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da Facultade. 

En caso de acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos non autorizados expresamente polo profesorado responsable, ou de realización fraudulenta dunha proba de avaliación, procederase á expulsión inmediata do alumnado implicado da proba, e aplicarase o contemplado na normativa da Universidade ao respecto.