Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha exposición dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de orientar ao alumno na súa preparación, proporcionado na devandita exposición material e/ou bibliografía para que o alumno poida profundar na temática dos diferentes contidos tratados.
Solución de problemas Con esta técnica preténdese resolver unha situación problemática concreta. Partindo dos coñecementos ques traballaron nas sesións teóricas exporanse e discutirán solucións para distintos exemplos prácticos.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Proba mixta Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test , preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.