Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B16 B17 B18 C1 C3 C4 C6 C7 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 B16 B17 B18 C1 C3 C4 C6 C7 Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os
ecriterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,

  • A primeira e segunda oportunidade avaliaranse calculando a
    media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas
    ponderacións indicadas nesta guía.
  • Oportunidade adiantada:
    avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de
    tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía
    do curso inmediatamente anterior
  • Os alumnos con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
    asistencia serán avaliados en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de
    tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía
    do curso actual.

De conformidade coa
normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado"
exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun
20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación
acadada.