Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B1 B3 Avaliación nun exame final. Consiste na realización dun exame escrito no que se avalían todos os contidos desenvolvidos durante o curso. 40
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 Avaliación ó longo do curso. Dentro deste apartado considérase a participación nas clases e as actividades prácticas desenvolvidas e presentadas polo alumnado durante o curso. 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade e
convocatoria adiantada:
Os
criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de
avaliación. Na convocatoria adiantada e na segunda oportunidade é posible
recuperar 2 puntos da avaliación continua.

Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade
para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do
curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Sobre condicións de avaliación
final:
Está prohibido
acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.