Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 Trátase da avaliación continua. Os alumnos deberán ter presenza activa nestas clases e deberán resolver e entregar os exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba mixta B5 B6 B7 B8 C6 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10.
70
 
Observacións avaliación

1) Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos, cun mínimo
de 2.5 na proba mixta.

2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como
se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a
todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.

3) Os alumnos
con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de
realización das probas de avaliación.

4) A cualificación de non presentado
corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación
que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.

5)
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).