Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada ó alumno levarase a cabo de forma virtual. Se ben o tempo programado é de 15 horas, o profesor disporá dun maior número de horas para esta labor. Por tanto, a atención personalizada se debe entender como unha labor continua. Nesta actividade de atención personalizada ó alumno se inclue a acción de titoría en grupos reducidos, a razón de 4 horas por cada grupo de 15 alumnos. Esta actividade está incluida nas 15 horas de atención personalizada ó alumno que se recolle no apartado 4: Planificación.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: empregarase a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Terán a mesma obriga de realizaren actividades que o alumnado a tempo completo.