Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Solución de problemas
Proba mixta
Seminario
Descrición
Para acadar os obxectivos da materia e para a preparación das diferentes probas, o estudantado disporá dos seguintes medios de comunicación co profesor:

- Titorías persoais no despacho ou a través de Teams (no horario de titorías que estableza o profesor, a consultar na páxina web da UDC ou no Moodle da materia).

-correo electrónico do profesorado.


Ademais, tamén será posíbel a realización de titorías en datas e horas diferentes ás establecidas segundo dispoñibilidade das partes, previa solicitude. Esta medida facilita a atención personalizada a estudantes a tempo parcial.

As sesións de atención individual tamén poderán realizarse por iniciativa do profesor.