Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A8 A11 B1 B2 B3 B4 B5 C1 Haberá varias probas presencias de resolución de problemas. Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razoamentos axeitados, o bo uso da linguaxe matemática e a destreza na formulación e resolución dos problemas. 40
Proba mixta A10 B2 B3 B4 O exame final (presencial) suporá un 40% da cualificación final (4 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razoamentos axeitados, o bo uso da linguaxe matemática e a destreza na formulación e resolución dos problemas. 40
Proba de resposta múltiple A10 B2 B3 B4 Haberá varias probas resposta múltiple (tipo test). 20
 
Observacións avaliación

Avaliación Continua (1ª oportunidade): A avaliación continua consistirá na realización de  varias probas tipo test e a realización de diversas probas prácticas na aula.  A avaliación continua pondera un 60% do total da avaliación final. 

Segunda oportunidade: Haberá unha modificación dos criterios de ponderación e así a avaliación continua ponderará un 50% da avaliación final e o exame final ponderará un 50% da mesma. Os resultados das probas de avaliación continua na primeira oportunidade serán trasladados para a segunda oportunidade adaptando a ponderación total.

Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. 

Convocatoria adiantada: A cualificación final do estudante que solicite a convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10 puntos.

Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de asistencia): Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.

Condicións de realización dos exames e as probas: 

a) Probas Presenciais: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de dispositivos. O alumno poderá utilizar unha calculadora científica non gráfica e non programable. Non se admitirán os exames escritos con lapis. Os alumnos deberán identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de avaliación. 

b) Probas Virtuais: No caso de exames realizados de forma telemática,o estudantado non poderá manter contacto con outras persoas e se poderá solicitar que active a súa cámara (ou a do seu móbil) e se identifique mediante o seu DNI ou equivalente.

Plataforma virtual: Utilizaráse a plataforma Moodle da UDC (http://moodle.udc.es) e a plataforma Microsoft Teams (para comunicación con o estudantado).