Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cada parte do curso comezará cunha presentación da materia, na que expoñerase con detalle o traballo a desenvolver polo estudantado e como vai ser avaliado.
Sesión maxistral Baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesorado. A exposición inclúe exemplos e exercicios que poñen de relevo as posibilidades e limitacións das técnicas analizadas.
Solución de problemas Docencia interactiva dedicada á solución de problemas nos que se aplican os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
Obradoiro Sesións nas que se realizarán aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas.
Traballos tutelados Os estudantes realizarán un traballo en grupo da parte de Introdución á Econometría, no que combinarán o aprendido nas sesións maxistrais e nas clases de taller e prácticas a través de TIC. O traballo estará supervisado polo profesorado da materia durante a súa realización.
Proba obxectiva Realizaranse dúas probas para avaliar o grao de aprendizaxe, unha de Estatística e outra de Introdución á Econometría.