Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A8 A9 A11 A proba mixta para a avaliación do aprendizaxe, que combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación, é a base da avaliación continua que se desenvolverá ao longo do curso. 100
 
Observacións avaliación

A) Oportunidade de Xuño

Nas actas da oportunidade de Xuño figurará a cualificación obtida polo alumno ao longo do curso. Para superar a asignatura o alumno debe obter ao menos 5 puntos (sobre un total de 10).

B) Oportunidade de Xullo

Na oportunidade de Xullo o alumno poderá obter todos os puntos da avaliación continua. Para superar a asignatura o alumno debe obter ao menos 5 puntos (sobre un total de 10).  

C) Oportunidade Adiantada

Haberá unha soa proba a que se lle asignará o 100% do peso da cualificación. Para superar a asignatura o alumno debe obter ao menos 5 puntos (sobre un total de 10).  

D) O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu a todos os alumnos con independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas.

E) Ninguha proba de avaliación poderá sustituirse por exercicios ou outras tarefas.

F) A cualificación de non presentado corresponde só a os alumnos que participen en actividades de avaliación cunha ponderación inferior ao 20 por cento do total.

G) Como é preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario. Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).