Metodoloxías
Proba mixta
Proba mixta
Seminario
Descrición
As titorías en grupos reducidos realizaranse nas datas fixadas ao longo do cuadrimestre. Estas titorías poden ser dedicadas, total ou parcialmente, a actividades relacionadas co traballo en grupo.

As titorías individuais do curso para todo o alumnado desenvolveranse a través de Teams ou presencialmente, segundo proceda, e nos horarios publicados polo profesorado a principios de cada cuadrimestre. Recoméndase ao alumnado que contacte previamente por correo electrónico co/coa seu/súa profesor/a para propor a data e a hora que prefira dentro do horario anunciado por este/a, indicando a materia e o grupo ao que pertence, coa finalidade de facilitar a xestión e a efectividade das titorías.